Recursos educativos

https://actividadesyrecursos.jimdofree.com/  Recursos, actividades, aplicaciones, juegos, software educativo...

7 de diciembre de 2008

Diversidade de tics


A actual lexislación educativa establece que a educación obrigatoria organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade, definindo medidas orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e dos obxectivos da educación secundaria obrigatoria que non poderán, en ningún caso, supoñer unha discriminación que lles impida alcanzar os devanditos obxectivos e a titulación correspondente. Entendo, xa que logo, que por diversidade referímonos ó conxunto do alumnado, necesitado en maior ou menor medida, dunha ou doutra atención en función das súas necesidades educativas. Dentro deste contexto, o alumnado con necesidade específica de apoio educativo é unha parte da diversidade que precisa de medidas máis puntuais para dar respostas ás súas necesidades tanto intelectuais como personais ou emocionais. De ningún modo se entende que eles son, en exclusiva, a diversidade referida, como parece deducirse de algún contexto administrativo, editorial ou de centro.
Considero que a diversidade é inherente á escola obrigatoria e o punto de partida da acción educativa. A resposta que a escola de calidade, no exercicio da súa autonomía pedagóxica, debe dar á diversidade que por obriga escolariza con leva, ademais de medidas, unha serie de plantexamentos organizativos e actitudinais que deben seren asumidos por toda a comunidade escolar. Ten que ser unha resposta de Centro recollida nun Proxecto educativo, respetuosa co principio de non discriminación e de inclusión educativas, dirixida a tódolos alumnos/as coa participación de todo o profesorado, sen limitarse ó trato por especialistas cos alumnos/as con necesidades educativas especiais e que entenda a atención á diversidade como un continuo de medidas aplicables en diferentes momentos ó conxunto do alumnado, e non como compartimentos estancos sen fórmulas de participación, coordinación, avaliación e transferencia de experiencias.
Nesta tarefa de prestar unha atención de calidade á diversidade educativa, persoal e social do noso alumnado, as novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ó traballo de aula son, hoxe por hoxe, unha peza clave na súa formación, sobre todo si temos en conta que son usuarios habituais de todo tipo de tecnoloxía na súa vida cotiá cun dominio superior, en moitos casos, ó do profesorado, polo que deberiamos incorporalas á nosa metodoloxía de traballo para aumentar as posibilidades didácticas e acadar maior participación nun ensino máis personalizado e colaborativo.
Neste senso, o prescriptivo Plan de integración das tecnoloxías a nivel de centro e de aula, para seren efectivo, debería contar coa participación activa de todo o equipo docente, e empezar por coñecer as necesidades de formación do profesorado (sobre todo si temos en conta a escasa presencia que parecen ter nos novos plans de estudos) e divulgar e poñer en valor o que xa se está a facer ó tempo que recoller e propoñer iniciativas pedagóxicas ou cambios metodolóxicos que supoñan unha mellora do procesos de ensino e aprendizaxe.
Conscientes das vantaxes que para o traballo co alumnado con necesidades educativas supoñen as novas tecnoloxias, na nosa aula de apoio e recursos educativos vimos recollendo e utilizando dende hai algún tempo unha serie de ferramentas de autor e recursos web que nos permiten personalizar a atención e axustar a nosa intervención ás súas necesidades de formación, e que damos a coñecer por si foran de utilidade para a comunidade educativa:


Non creo que as novas tecnoloxías sexan a panacea nin a sala de urxencias do sistema, nin que haxa que rexeitalas por norma (como comenta o compañeiro Antonio Solano no seu Repaso de lengua), ou supoñan quedarnos sin cobertura legal por tentar aprender facendo e non cumplir cos currículos ou programacións dos departamentos (como comenta Anibal de la Torre na súa bitácora), pero sí unha ferramenta máis de uso cáseque obrigado nos tempos que corren, ben aceptadas polo alumnado e que poden convivir perfectamente coa pizarra de xiz, co lapis e co papel. Creo que calquera tempo educativo pasado foi peor e que, apesares de que a meirande parte dos problemas escolares que vivimos nas aulas son alleos á escola, non podemos fracasar na tarefa de limar as desigualdades de partida e espertar en cada un dos nosos rapaces e rapazas as súas mellores facultades. O reto consiste en ser quen de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade e definindo a función e coordinación de tódolos profesionais necesarios para acadar unha resposta educativa de calidade ás necesidades de formación. As posibilidades sempre superan ás limitacións.



Pedagoxía terapéutica.

31 de agosto de 2008

Recursos educativos web 2.0

Preséntovos unha nova recompilación actualizada de Recursos educativos da web 2.0. Espero que sexa de interese para os vosos traballos e estudos.

Read this document on Scribd: Recursos educativos web 2 0ag

Read this document on Scribd: Recursos educativos web 2 0ag
Versión en castellano Recursos educativos Web 2.0

8 de julio de 2008

É esta a escola que necesitamos?

Da a escola actual resposta ás necesidades educativas e persoais de cada alumno/a? Aprobariamos agora os exames que superamos o ano pasado? É este que temos o mellor sistema educativo posible? Que temos que cambiar nas aulas de hoxe? Cal é o papel do profesor actual? Materias prácticas? Que significa aprender facendo?...

A estas e outras preguntas resposta Roger C. Schank, un experto en teoría da aprendizaxe e entornos virtuais de ensinanza, nunha entrevista publicada en Kindsein. Tamén resulta de interese este video dunha entrevista que E. Punset lle fixo para o programa Redes de TVE2.

25 de mayo de 2008

Campaña polo recoñecemento oficial do traballo do profesorado coas novas tecnoloxías. (Tics).


Súmome e contribuio á difusión da campaña para que as adminstracións educativas recoñezan o esforzo dos docentes por aplicar novas metodoloxías e integrar as Tics no labor de aula para motivar e personalizar a atención ás necesidades da diversidade educativa.



20 de abril de 2008

Recursos Web 2.0

Read this doc on Scribd: Recursos educativos


Versión en castellano

24 de marzo de 2008

Innovación educativa?



Que as árbores non nos impidan ver o bosque. Novas tecnoloxias e novas metodoloxías.
Visto en Profesor Patâchov de Moldavia

Educación afectivo-sexual

Manuel Area preséntanos no seu Blog un interesante traballo multimedia (elaborado polo colectivo Harimaguada e o laboratorio de educación e novas tecnoloxías da Universidade de A Laguna, do que é coordinador) sobre a educación afectivo-sexual, dirixido ó profesorado e ós alumnos/as de ESO e Bacharelato e que foi segundo premio nacional no Concurso de materiais curriculares convocado polo CNICE.



Acceso ó Traballo multimedia completo.




15 de marzo de 2008

Para rir?

A complexidade do preceso de ensinanza e aprendizaxe fai que tódolos recursos sexan necesarios. Os materiais, as novas tecnoloxías.... unha axuda, non a solución.

" Hace años, un inspector visitó una escuela. En su recorrido observó algo que le llamó poderosamente la atención, una maestra estaba atrincherada detrás de su escritorio, los alumnos hacían gran desorden... el cuadro era caótico.

Decidió presentarse:
- Permiso, soy el inspector de turno, ¿algún problema?
-Estoy abrumada señor, no se qué hacer con estos chicos... No tengo láminas, el Ministerio no me manda material didáctico, no tengo nada nuevo qué mostrarles ni qué decirles...
El inspector, el cual era un docente de alma, vio un corcho en el desordenado escritorio. Lo tomó y con aplomo se dirigió a los chicos:
- ¿Qué es esto?
- Un corcho señor... -gritaron los alumnos sorprendidos.
- Bien, ¿de dónde sale el corcho?
- De la botella, señor..., lo coloca una máquina.., del alcornoque..., de un árbol..., de la madera..., - respondían animosos los niños.
- ¿Y qué se puede hacer con madera?, -continuaba entusiasta el docente.
- Sillas..., una mesa..., un barco...
- Bien, tenemos un barco. ¿Quién lo dibuja? ¿Quién hace un mapa en el pizarrón y coloca el puerto más cercano para nuestro barquito? Escriban: ¿A qué provincia pertenece? ¿Y cuál es el otro puerto más cercano? ¿A qué país corresponde? ¿Qué poeta conocen que allí nació? ¿Qué produce esta región? ¿Alguien recuerda una canción de este lugar? - Y comenzó una tarea de geografía, de historia, de música, economía, literatura, religión, etc.
La maestra quedó impresionada. Al terminar la clase, le dijo conmovida:

- Señor, nunca olvidaré lo que me enseñó hoy. ¡Muchas gracias!

Pasó el tiempo. El inspector volvió a la escuela y buscó a la maestra. La encontró acurrucada detrás de su escritorio, los alumnos otra vez en total desorden...
- Señorita... ¿Qué pasó? ¿No se acuerda de mí?
- Sí señor, ¡cómo olvidarme! ¡Qué suerte que regresó! Es que... no encuentro el corcho. ¿Dónde lo dejó?"

Visto en Tertulias educativas

11 de febrero de 2008

Atención á diversidade: análise de resultados


Pois parece ser que, a pesares do feito nos últimos tres anos, os resultados non acompañan e dan un toque de atención ó noso sistema educativo no seu tramo obrigatorio (Informe Pisa 2006). Opinións?. De tódolos tipos. Responsabilidade? De todos. Solucións? Vaiamos por partes.

Sen caer no alarmismo nin no lamento e alleo a esta sociedade das boas maneiras que fai de nós auténticos robots das aparencias e máis aló dos interesados e enxeñosos xogos de palabras dos malabaristas dos conceptos e da sintaxe que fan que todo luza estatisticamente a pesares da evidencia dos resultados, o feito é que estes datos deben servirnos a todos, e a cada quen segundo a súa respectiva cota de responsabilidade, para reflexionar e analizar seriamente onde temos que incidir si queremos mellorar.

No que á escola e ó alumnado con necesidade específica de apoio educativo se refire, a evolución dos tempos e da sociedade achega ás nosas aulas rapaces cun alto grao de heteroxeneidade que dificulta o desenvolvemento dun proceso de ensinanza e aprendizaxe común capaz de dar axeitada resposta ás súas necesidades persoais de formación. A actual lexislación educativa recolle medidas de atención a esta diversidade co obxecto de garantir a adquisición das aprendizaxes imprescindibles para continuar o seu proceso formativo. Fálase de necesidades específicas de apoio educativo (altas capacidades, incorporación tardía, dificultades específicas de aprendizaxe, alumnado inmigrante, estranxeiro,...), de medidas de atención: agrupamentos, apoio, desdobramentos, optatividade, ámbitos; fálase do carácter formativo e orientador da avaliación, de adecuar as ensinanzas de cada materia ao alumnado, da importancia da coordinación de todo o profesorado, de avaliar a práctica docente... Pero a simple determinación institucional de que o alumno diverso participe no acto didáctico que se produce na escola obrigatoria non é suficiente; a atención á diversidade precisa de algo máis que dunha declaración de boas intencións; as medidas non basta con aplicalas. Para facelas eficaces é indispensable analizar, entre todos, con rigor e obxectividade, a praxe real e os seus resultados para definir estratexias de intervención coordinada, que nos permitan cumprir cos obxectivos de integración e calidade propios da ensinanza obrigatoria.

A diversidade é inherente á escola obrigatoria, é o punto de partida da acción educativa. A resposta que a escola de calidade, no exercicio da súa autonomía pedagóxica, debe dar á diversidade que por obriga escolariza conleva, ademais de medidas, unha serie de plantexamentos organizativos e actitudinais que deben seren asumidos por toda a comunidade escolar:

  • ten que ser unha resposta de Centro que inclúa a todo o alumnado, sen discriminacións na atención e respectuosa coa igualdade de oportunidades, sen limitarse ó trato por especialistas dos alumnos/as con necesidades educativas especiais,
  • definida nun proxecto educativo común que inclúa fórmulas de participación, coordinación, avaliación e transferencia de experiencias,
  • que innove, inverta en formación, novas tecnoloxías e metodoloxías máis eficaces,
  • que implique ás familias nas tomas de decisións e seguimentos precisos,
  • que busque un equilibrio entre as áreas de coñecementos e as de habilidades,
  • que avalíe en función de proposicións de tipo máis xeral no marco dunha formación integral ( comunicación, razoamento lóxico, solución de problemas, desenvolvemento persoal e social…) e non só en función dos contidos das materias ...

Todos somos necesarios para educar nunha sociedade tan complexa e cambiante coma a nosa, na que a modernidade e o progreso parecen incompatibles co respecto, o esforzo e a responsabilidade; na que a disciplina, o sacrificio, a superación persoal e o traballo ben feito, trócanse pola recompensa inmediata sen esforzo, polo antollo, polo beneficio persoal e a escasa tolerancia á frustración e á adversidade. Creo que calquera tempo educativo pasado foi peor e que, apesares de que a meirande parte dos problemas escolares que vivimos nas aulas son alleos á escola, e de que ás veces, sen dármonos conta, en aras dunha maior efectividade e rentabilidade dos recursos, desenvólvemos actuacións individuais rutinarias, máis controladoras que educativas, que contribúen a crear segregación ou exclusión onde pretendiamos integración, non podemos fracasar na tarefa de espertar en cada un dos nosos rapaces e rapazas as súas mellores facultades. O reto consiste en ser quen de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade e definindo a función e coordinación de tódolos profesionais necesarios para acadar unha resposta educativa de calidade ás necesidades de formación. As posibilidades sempre superan ás limitacións.



3 de febrero de 2008

Tecnoloxía ou metodoloxía?

Despois da dotación de medios tecnolóxicos á escola durante os últimos anos, cabe preguntarse si esa informatización está a supoñer unha mellora cualitativa do proceso de ensinanza- aprendizaxe ou simplemente nos quedamos en usar os ordenadores para ensinar ós alumnos/as a sumar como si o fixeran con lapis e papel. De seguro que coa prescritiva elaboración do Plan de integración das novas tecnoloxías e a sensibilidade, compromiso e xestión dos responsables desta materia na Administración e nos centros educativos, seremos quen de escolarizar a informática despois de informatizar a escola. Entre tod@s e en beneficio de tod@s.

31 de enero de 2008

Recursos Web 2.0

Preséntovos un novo recurso da web 2.o que atopei no blog de Celestino Arteta e que nos permite visualizar documentos dun xeito diferente. Transforma os arquivos PDF nun formato flash con moitas posibilidades e elegante presentación que se pode inserir en blogs e webs. Podedes analizalo polo miúdo na web de Issuu e axustalo as vosas necesidades.


Aquí tedes un improvisado e sinxelo exemplo.