
Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011Prácticas dixitais na atención á diversidade
Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II CongresoTADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade
, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense.
Notas de interese
Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada na web do congreso que está no enderezo: www.encontros.tadega.net
Aberto o prazo de inscrición
Agardámosvos!
Aínda non moi convencido ou convencida? Velaquí tes os contidos:
Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa
:
- DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total…
- CATEDU: O portal Arasaac.
- Comunicador Persoal Adaptable (CPA).
Máis aló das aulas
:
- Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis .
- Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal .
- Atención á Diversidade e dispositivos móbiles .
- Contos fáciles para situacións difíciles .
Alfombra de baile e outros trebellos dixitais
.
Comunicación dixital I
:
- Adaptacións para a discapacidade visual .
- Actividades con LIM na aula .
- Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange .
Comunicación dixital II
:
- Comunicador Persoal Adaptable (CPA) .
- Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade .
- Ponte nas Ondas (Radio Pontevedra, Ourense e Portugal).
Dispositivos e adaptacións para a diversidade
:
- DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais .
- Proxecto IN-TIC .
- Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional .
Proxección do documental “María y yo”.
 
