Recursos educativos

https://actividadesyrecursos.jimdofree.com/  Recursos, actividades, aplicaciones, juegos, software educativo...

30 de diciembre de 2013

Como dar clase aos que non queren: xestión de Aula

Xestión de Aula. O psicopedagogo Juan Vaello Orts fala das 5 variables a ter en conta  para garantir a aprendizaxe na Aula, basicamente: as relacións interpersoais, as relacións intrapersoais, o nivel de atención, a motivación e o nivel académico, que só acada os niveis óptimos cando somos quen de controlar as outras catro variables.


                         

18 de septiembre de 2013

Exam Time

 Excelente ferramenta para estudar e repasar contidos. Unha ferramenta apta para profesores e estudantes que non pode faltar na aula. Examtime, que así se chama esta ferramenta de aprendizaxe, vaivos permitir a creación de: mapas mentais, fichas de repaso, test de preguntas e apuntamentos multimedia. Titorial

16 de septiembre de 2013

Xogos de lóxica e habilidade

Novo sitio web en español, unha páxina na que poderemos acceder a distintos xogos de lóxica e habilidade así como resolver problemas ou ilusións.
Na sección "Xogos" poderemos visitar unha boa galería de xogos e adiviñanzas, tanto situacións que teremos que resolver coma textos-adiviñas nos que teremos que introducir a resposta. En "Ilusións" podemos acceder a unha boa galería de sorprendentes trucos que enganarán nosa vista, en "Problemas" teremos que resolver certas situacións que implicarán que teñamos que facer algúns cálculos e, en caso de que nos encallemos en calquera das adiviñanzas expostas, poderemos consultar a solución en "Blog" ou facer clic no botón "Pista" que nos aparece en moitas das entradas.

23 de julio de 2013

Pecados e penitencias da educación tradicional

Cinco mitos da educación tradicional que foron derrubados pola investigación educativa actual, pero que se resisten a abandonar a práctica educativa. Conektio: educación, coaching, redes

21 de julio de 2013

Hetah: transcriptor e tradutor a Braille e lingua de signos

Hetah é unha web que nos permite unha vez introducido un texto mediante o teclado a súa tradución a braille ou á linguaxe de signos, para iso conta cun personaxe chamado Iris que de forma animada mostra os distintos signos para o texto que desexemos.


8 de julio de 2013

Sharefest: envio directo de arquivos

Sharefest permite o envío directo de arquivos, sin pasar por servidores intermedios e sen necesidade de instalar aplicacións ou extensións.
Visto en: wwwhats´new

14 de enero de 2013

Buenas prácticas 2.0


Gracias á Rede Buenas prácticas 2.0 , e a Mª Jesús García San Martín, polas súas atencións e interese no noso traballo que esperamos sexa de utilidade e atope aplicación na vosa práctica educativa.

2 de enero de 2013

PDI na casa



Esta aplicación de Luis Otero permite ao alumnado retomar na casa as actividades creadas na aula coa Pizarra Dixital, sen necesidade de ter o software instalado nos seus equipos, e reforzar así os contidos traballados. Gracias pola súa axuda para a elaboración desta adaptación da súa aplicación.