Recursos educativos

https://actividadesyrecursos.jimdofree.com/  Recursos, actividades, aplicaciones, juegos, software educativo...

29 de diciembre de 2015

Xeración Z

 
https://drive.google.com/file/d/0BzOIbjgNi8M3X3V2WkdYeWZmclk/view?usp=sharing 
A chamada Xeración Z, a seguinte dos millennials, é a primeira plenamente nativa dixital e está formada polos nados entre 1994 e 2009, uns 1.900 millóns de mozos que representan xa o 25% da poboación mundial, unha porcentaxe bastante máis baixa, un 15,7%, na envellecida España, onde só hai 7,3 millóns de mozos comprendidos entre os dez e os vinte anos. Esta xeración é tamén coñecida como Nativos Dixitais (N-XENE).
 Os xoves Z protagonizan un cambio xeracional, discriminan con dificultade a inxente cantidade de información contraditoria que os bombardea a cada momento, substitúen a autoridade dos seus pais e profesores pola de Google, son pouco proclives a estudar carreiras de dubidosa utilidade para as súas vidas, á vez que son globais e desconfiados, precoces no uso das tecnoloxías, narcisistas e hiperconectados. Soberbios ante a autoridade establecida, destacan pola súa tolerancia cos demais, aínda que a súa relación co mundo circunscríbese a unha realidade virtual. O seu tótem é o smartphone. Precisan con urxencia un novo tipo de educación que os oriente na vida. 
Fonte: Faro de Vigo

31 de octubre de 2015

25 de junio de 2015

Videonot


VIDEONOT é unha aplicación  que nos permite facer as nosas propias anotacións mentres vemos un video, sen necesidade de papel, para logo compartilo en Google Drive; ideal para o traballo cooperativo e a "flipped classroom".


http://rosapanos.com/videonot-como-hacer-tus-anotaciones-y-sincronizarlas-con-videos/ 

20 de junio de 2015

Enviar arquivos a Dropbox



Dropbox lanza unha nova característica: poderemos pedir a calquera, sin conta en Dropbox, que suba arquivos (ata 2Gb) á nosa conta. Ideal para recibir os traballos dos alumnos.

16 de abril de 2015

Educar na Realidade

“Un padre subiendo la montaña con sus dos hijos. Les dice «mirad hijos míos, que puesta de sol tan bonita», a lo que sus hijos responden, «jolines, papá, ¡dos horas caminando para ver un fondo de pantalla!».

Fonte:  ABC: Educar en la realidad

15 de abril de 2015

Deberes escolares?


Escrito dun profesor  de bioloxía que denuncia o absurdo, arbitrario e contraproducente dos deberes, en Primaria sobre todo.

Fonte: todoeldiaconectados.com

11 de abril de 2015

Insignias dixitais

É cada vez máis común observar insignias en blogs e páxinas web, a xeito de iconas ou logotipos dixitais, que foron adxudicados por unha institución e que validan a adquisición duns coñecementos, a finalización dun proxecto, a conquista dunha competencia, o dominio dun software ou mesmo recoñecen unha calidade ou experiencia obtida dentro dun ámbito de aprendizaxe.




Este tipo de credenciais estanse a estender no campo da educación e pretenden cambiar o xeito en que se recoñece e certifica unha aprendizaxe ou un logro. A aprendizaxe, hoxe en día, grazas ás novas tecnoloxías, acontece en todas as partes, pero con frecuencia é difícil obter recoñecemento por habilidades que se adquiren online, fóra dunha institución educativa e de forma informal.


11 de marzo de 2015

Uso educativo das Tic

Gobierno de Extremadura
Dirixido a pais, nais, alumnos e profesionais do ensino.
Céntrase nas repercusións positivas e negativas do uso das Tic, establecendo recomendacións para un uso autónomo e responsable das mesmas, así como na prevención de conflictos.

7 de enero de 2015

Por que os teus alumn@s non te escoitan?


Falas e non te escoitan? Explicas e non che fan nin o máis mínimo caso? Tes a sensación de que estás falando ás paredes?