26 de abril de 2009

Competencias básicas

"La inteligencia consiste no sólo en el conocimiento, sino también en la destreza de aplicar los conocimientos en la práctica." (Aristóteles).

Juan Poza recolle no seu Blog "O profe de ciencias" unha serie de documentos sobre as competencias básicas que me parecen de interese e que paso a relacionar. Parabéns, Juan, polo teu traballo.
  • Oito de tipos de aprendizaxes
  • Avaliación das competencias


24 de abril de 2009

Apture: selecciona, engade e visualiza enlaces




Apture é un pequeno programa (script) que instalado no noso blog ou web de aula, permítenos escoller entre unha serie de enlaces (textos, imaxes, sons, vídeos, mapas, presentacións...) relacionados co texto que seleccionemos e que se engaden automaticamente ao mesmo (por suposto que nós tamén podemos engadir os enlaces que queiramos alleos ao programa). As vantaxes educativas son importantes, xa que ao podelos visualizar sen saír da páxina, permítenos centrar a atención evitando distraccións coa publicidade ou cos enlaces non relacionados coa tarefa.

Velaquí algúns exemplos de enlaces de video, son, imaxes ou presentacións.

A súa instalación en Blogger é moi sinxela xa que está totalmente automatizada. Angel Puente explícanos como facelo nesta entrada do seu blog.


15 de abril de 2009

Inflación educativa.


Estamos a vivir un proceso de inflación educativa? Por que agora se precisa un máster onde antes chegaba cunha licenciatura? Fracasan na vida os nenos que fracasan na escola? O traballo das competencias básicas e os programas de cualificación profesional, van na boa dirección? A metodoloxía das novas tecnoloxías ten a suficiente implantación como para modificar o proceso de ensinanza e aprendizaxe en beneficio dunha formación que dea respostas as esixencias dos novos tempos? Empeora a formación dos alumnos/as apesares da mellora do seu nivel de vida e dos seus recursos tecnolóxicos? Medran o desinterese, a desidia, o fuxir das dificultades buscando sempre a gratificación inmediata e o mínimo esforzo? Estanse a producir cambios importantes e desaparecendo límites necesarios?

Talvez mudou a esencia da educación, primando a aplicación mecánica do currículo, e o axuste estatístico e utilitarista dos resultados, sobre a formación integral das persoas. Quizais a atención á riqueza da diversidade remata creando grupos homoxéneos para seguirlle o ritmo á xerarquía de materias e contidos, relegando a un segundo plano a igualdade de oportunidades, a ensinanza personalizada, o axuste aos niveis de compresión e a concreción dos obxectivos.
Con tanta especialización, con tanta información, con tanta carreira contra o tempo seguindo a corrente de turno, quizais os pais e nais volvéronse inseguros, indecisos, sen autoridade e delegaron funcións, “conscientes” de que pouco tiñan que facer en materia educativa. Quizais debamos esixir agora máis que nunca, a súa participación e colaboración pola importancia da súa función educadora?
Nesta sociedade do benestar, que fai de nós auténticos robots das aparencias, e máis aló dos interesados e enxeñosos xogos de palabras dos malabaristas dos conceptos e da sintaxe que fan que todo luza apesares da evidencia dos resultados, o feito é que cada quen, segundo a súa respectiva cota de responsabilidade, debe analizar onde ten que incidir para, entre todos, dar as respostas que a diversidade académica, persoal, social e actitudinal precisan.
Probablemente debamos replantexarmonos o xeito de traballar na escola, algúns principios do noso sistema educativo, social e familiar e prestar máis atención ao conxunto das capacidades e posibilidades humanas dentro dun contexto de formación máis integral para non fracasar na tarefa de espertar en cada un dos nosos rapaces e rapazas as súas mellores facultades. O reto consiste en ser quen de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade para acadar persoas libres con capacidade de enfrontarse e dar solucións aos retos dos novos tempos. O feito de que os desaxustes, as discrepancias e a falta de consenso sexan habituais e fagan difícil o labor diario, non debe desanimarnos nin xustificar actitudes conformistas ou pasivas, senón que debe entenderse como un atributo permanente deste labor na procura dunha sociedade máis xusta e respectuosa coa diversidade.

Son algunhas das reflexións que se me ocorren logo de escoitar a Ken Robinson neste vídeo subtitulado que segue, "¿matan las escuelas la creatividad?”.




Video orixinal

8 de febrero de 2009

Imaxes interactivas: agregar a favoritos.




Os compañeiros Xosé Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías veñen de obter, na convocatoria de premios a recursos educativos para a sociedade da información, o primeiro posto coa ferramenta de autor "
Imaxes interactivas", que facilita a creación de imaxes coa posibilidade de ser enriquecidas con todo tipo de elementos multimedia (sons, texto, imaxes...), de manexo intuitivo e sinxelo e de grande plasticidade para o uso en tódalas áreas de aprendizaxe e co encerado dixital interactivo. Estes son algúns exemplos citados polos autores e, estes outros que seguen, moito máis sinxelos pero indicativos do seu potencial, fixémolos coa colaboración dos alumnos e alumnas do noso Centro: Partes da oración, A casa e o seu entorno, O noso IES.

Parabéns aos premiados pola súa contribución á metodoloxía posibilitadora da utilización das Tics no proceso de ensinanza-aprendizaxe e o meu agradecemento persoal aos tres, en especial a Xosé Antón, pola súa paciencia e axuda prestada para iniciarnos nesta ferramenta e poder poñela a disposición da formación da nosa diversidade educativa.


25 de enero de 2009

A escola inclusiva: unha resposta educativa de calidade.


Do compañeiro Manuel Vázquez, profesor de Pedagoxía terapéutica e Orientador en Alcalá de Guadaira-Sevilla, recollo estas reflexións que sobre a Escola inclusiva fai no seu blog: "hacia una escuela inclusiva" e que comparto, como unha resposta de calidade á diversidade educativa.


" La profesora de pedagogía dijo a sus discípulos:“El maestro de una escuela se puede comparar a un prohombre muy respetado que sabía cocinar muy bien y que preparó una cena para un grupo de amigos”. Al ver la cara de sus extrañados discípulos, la profesora siguió explicando: “Un prohombre de una ciudad se encontró con un viejo conocido a quien no veía desde hacía mucho tiempo. El prohombre tenía previsto celebrar el día siguiente una cena con un grupo de amigos y amigas que también lo conocían y que tampoco sabían nada de él desde hacía muchos años, y lo invitó a cenar. El prohombre era buen cocinero y preparó una cena espléndida: entrantes variados, guisos de toda clase y un pastel con frutas confitadas. Todo regado con vinos del Priorat y cava del Penedés. El mismo día de la cena, cayó en la cuenta de que su viejo amigo –no recordaba demasiado bien el porqué- tenía que tener mucho cuidado con lo que comía y que seguramente nada de lo que había preparado con tanto cuidado le iría bien. Le telefoneó enseguida […] explicándole lo que pasaba, y le dijo que lo sentía mucho, que más valía que no fuera a la cena y que ya le avisaría cuando celebrara otra. Otro prohombre de la misma ciudad se encontró en la misma situación. También había preparado una cena espléndida para sus amigos y había invitado a un viejo conocido de todos con el que se había encontrado un par de días antes. La misma tarde de la cena, otro de los invitados le hizo caer en la cuenta de que, por si no se acordaba, el viejo amigo no podía comer de todo. El prohombre, que se había olvidado de ello, corrió a telefonear a su amigo para preguntarle si aún tenía el mismo problema y para decirle que no se preocupara, que fuera de todos modos, ya que él le prepararía un plato de verdura y pescado a la plancha. Curiosamente, un tercer prohombre de la misma ciudad, también muy respetado, se encontró con un caso idéntico. Cuando ya lo tenía prácticamente todo a punto, se acordó de que aquel a quien había invitado a última hora […] tenía que seguir una dieta muy estricta. Entonces cambió el menú deprisa y corriendo: seleccionó algunos entrantes que también podía comer su viejo amigo, guardó los guisos en el congelador para otra ocasión e improvisó un segundo plato, también espléndido, pero que todo el mundo podía comer; también retocó el pastel, y en vez de fruta confitada le puso fruta natural. Llegada la hora de la cena, todos juntos comieron de los mismos platos que el anfitrión les ofreció”.
Después de esta larga explicación, la profesora preguntó a sus discípulos: “¿Cuál de estos tres comensales de última hora se debió de sentir más incluido en la cena con sus viejos amigos y conocidos?”
“Sin duda, el tercero”, respondieron unánimemente los discípulos, sin vacilar un solo momento.
“Efectivamente”, corroboró la profesora de pedagogía. Y siguió con la lección, diciéndoles: “Una escuela selectiva sólo quiere a aquellos discípulos que pueden comer el menú que tiene preparado de antemano: un currículum prefijado. En cambio, una escuela inclusiva es muy diferente. Ni siquiera se conforma con preparar un menú especial –un currículum adaptado- para un estudiante que tiene problemas para comer el menú general, es decir, el currículum ordinario, genera. Una escuela inclusiva es aquella que adecua el menú general para que todo el mundo pueda comerlo, para que sea un currículum común”. Y concluyó: “En una escuela inclusiva, detrás de cómo y de qué se enseña hay unos determinados valores que configuran una forma muy determinada de vivir”.
Imagen publicada originalmente por charlotte en www.flickr.com

En máis dunha ocasión comentamos neste blog que a diversidade é inherente á escola, o punto de partida da acción educativa e que a resposta que unha escola de calidade debe darlle ten que ser unha resposta de Centro, recollida nun Proxecto educativo, respetuosa co principio de non discriminación e de inclusión educativas, dirixida a tódolos alumnos/as coa participación de todo o profesorado, sen limitarse ó trato por especialistas cos alumnos/as con necesidades educativas especiais e que entenda a atención á diversidade como un continuo de medidas aplicables en diferentes momentos ó conxunto do alumnado, e non como compartimentos estancos sen fórmulas de participación, coordinación, avaliación e transferencia de experiencias.

7 de diciembre de 2008

Diversidade de tics


A actual lexislación educativa establece que a educación obrigatoria organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade, definindo medidas orientadas a responder ás necesidades educativas concretas do alumnado e á consecución das competencias básicas e dos obxectivos da educación secundaria obrigatoria que non poderán, en ningún caso, supoñer unha discriminación que lles impida alcanzar os devanditos obxectivos e a titulación correspondente. Entendo, xa que logo, que por diversidade referímonos ó conxunto do alumnado, necesitado en maior ou menor medida, dunha ou doutra atención en función das súas necesidades educativas. Dentro deste contexto, o alumnado con necesidade específica de apoio educativo é unha parte da diversidade que precisa de medidas máis puntuais para dar respostas ás súas necesidades tanto intelectuais como personais ou emocionais. De ningún modo se entende que eles son, en exclusiva, a diversidade referida, como parece deducirse de algún contexto administrativo, editorial ou de centro.
Considero que a diversidade é inherente á escola obrigatoria e o punto de partida da acción educativa. A resposta que a escola de calidade, no exercicio da súa autonomía pedagóxica, debe dar á diversidade que por obriga escolariza con leva, ademais de medidas, unha serie de plantexamentos organizativos e actitudinais que deben seren asumidos por toda a comunidade escolar. Ten que ser unha resposta de Centro recollida nun Proxecto educativo, respetuosa co principio de non discriminación e de inclusión educativas, dirixida a tódolos alumnos/as coa participación de todo o profesorado, sen limitarse ó trato por especialistas cos alumnos/as con necesidades educativas especiais e que entenda a atención á diversidade como un continuo de medidas aplicables en diferentes momentos ó conxunto do alumnado, e non como compartimentos estancos sen fórmulas de participación, coordinación, avaliación e transferencia de experiencias.
Nesta tarefa de prestar unha atención de calidade á diversidade educativa, persoal e social do noso alumnado, as novas tecnoloxías da información e da comunicación aplicadas ó traballo de aula son, hoxe por hoxe, unha peza clave na súa formación, sobre todo si temos en conta que son usuarios habituais de todo tipo de tecnoloxía na súa vida cotiá cun dominio superior, en moitos casos, ó do profesorado, polo que deberiamos incorporalas á nosa metodoloxía de traballo para aumentar as posibilidades didácticas e acadar maior participación nun ensino máis personalizado e colaborativo.
Neste senso, o prescriptivo Plan de integración das tecnoloxías a nivel de centro e de aula, para seren efectivo, debería contar coa participación activa de todo o equipo docente, e empezar por coñecer as necesidades de formación do profesorado (sobre todo si temos en conta a escasa presencia que parecen ter nos novos plans de estudos) e divulgar e poñer en valor o que xa se está a facer ó tempo que recoller e propoñer iniciativas pedagóxicas ou cambios metodolóxicos que supoñan unha mellora do procesos de ensino e aprendizaxe.
Conscientes das vantaxes que para o traballo co alumnado con necesidades educativas supoñen as novas tecnoloxias, na nosa aula de apoio e recursos educativos vimos recollendo e utilizando dende hai algún tempo unha serie de ferramentas de autor e recursos web que nos permiten personalizar a atención e axustar a nosa intervención ás súas necesidades de formación, e que damos a coñecer por si foran de utilidade para a comunidade educativa:


Non creo que as novas tecnoloxías sexan a panacea nin a sala de urxencias do sistema, nin que haxa que rexeitalas por norma (como comenta o compañeiro Antonio Solano no seu Repaso de lengua), ou supoñan quedarnos sin cobertura legal por tentar aprender facendo e non cumplir cos currículos ou programacións dos departamentos (como comenta Anibal de la Torre na súa bitácora), pero sí unha ferramenta máis de uso cáseque obrigado nos tempos que corren, ben aceptadas polo alumnado e que poden convivir perfectamente coa pizarra de xiz, co lapis e co papel. Creo que calquera tempo educativo pasado foi peor e que, apesares de que a meirande parte dos problemas escolares que vivimos nas aulas son alleos á escola, non podemos fracasar na tarefa de limar as desigualdades de partida e espertar en cada un dos nosos rapaces e rapazas as súas mellores facultades. O reto consiste en ser quen de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade e definindo a función e coordinación de tódolos profesionais necesarios para acadar unha resposta educativa de calidade ás necesidades de formación. As posibilidades sempre superan ás limitacións.



Pedagoxía terapéutica.

31 de agosto de 2008

Recursos educativos web 2.0

Preséntovos unha nova recompilación actualizada de Recursos educativos da web 2.0. Espero que sexa de interese para os vosos traballos e estudos.

Read this document on Scribd: Recursos educativos web 2 0ag

Read this document on Scribd: Recursos educativos web 2 0ag
Versión en castellano Recursos educativos Web 2.0