Recursos educativos

https://actividadesyrecursos.jimdofree.com/  Recursos, actividades, aplicaciones, juegos, software educativo...

8 de enero de 2014

Claves para o éxito educativo

Algunhas das claves da educación nunha sociedade dixital.
  • Os intereses do alumnado. A aprendizaxe debe producirse de forma natural, partindo dos intereses do aprendiz, tendo en conta o que xa sabe, dende a práctica e aceptando cometer erros para poder ser reorientado polo docente.
  • Fomentar a inclusión. As políticas públicas educativas deben tender a eliminar as barreiras sociais e culturais que establecen unha desigualdade entre persoas e colectivos, e tamén contribuír a pechar a brecha dixital entre os que usan a tecnoloxía e os que non.
  •  Docente orientador. O novo rol do profesor baséase en orientar e guiar o alumno na busca de coñecemento, fronte ao papel de antano de transmisor do devandito coñecemento.
  • Novas formas de avaliar. Ensinar utilizando as TIC require metodoloxías de ensino distintas, polo tanto, non se pode avaliar a aprendizaxe mediante sistemas de épocas pasadas; é necesario desenvolver un sistema que permita establecer o grao de competencia do alumno nas destrezas requiridas para desenvolverse na sociedade actual.
  • Intelixencia colectiva. Somos seres sociais que nos movemos nunha sociedade cada vez máis complexa. A tecnoloxía debe axudar aos alumnos deste século a extraer toda a intelixencia colectiva que lles sirva para desenvolverse nun mundo global.
  • Ecoloxía da aprendizaxe. O p oceso de aprendizaxe concíbese agora como un ecosistema que supera o ámbito da escolarización e que abrangue todo o ámbito social do aprendiz (escola, familia, sociedade, redes...).
  • Variedade de ámbitos educativos. Á parte do ensino formal, as aprendizaxes producidas en ambientes non formais e informais crecen a un ritmo vertixinoso e non quedará máis remedio que considerar os beneficios de todos estes ámbitos educativos.

2 de enero de 2014

Como dar clase aos que non queren: educación en vocais

Educación en vocais. O psicopedagogo Juan Vaello Orts coméntanos como xestionar os conflictos que se presentan nas aulas do ensino Obrigatorio:  con Atención, Empatía, Interese, e Utilidade.