MALTREITA EDUCACIÓN. José R. Vidal
Veño de ler un artigo no xornal sobre a educación dos rapaces no que, sen estar totalmente de acordo con algúns dos seus plantexamentos, si participo dalgunhas das súas reflexións. Fálase da falta de valores, de respecto e de disciplina. Penso que nos tempos que corren é moi difícil transmitir valores que, a pesares de seren recoñecidos como convenientes e bos para a formación das persoas, gozan de pouca aceptación popular, sobre todo entre os máis novos, nunha sociedade que parece atopar no autoengano unha fonte de "felicidade", coma si todo estivera do noso lado e as cousas se conseguiran con só desexalas, coma si me asistiran tódolos dereitos e as obrigas, de habelas, tiveran que estar en consonancia coa miña escasa resistencia á frustración.
Fala tamén o compañeiro de que os profesores temos parte de culpa do actual nivel de formación e educación dos nosos alumnos e alumnas. O colegueo e bo rollo que como norma educativa practicamos cos alumnos, lonxe de facilita-la consecución dos obxectivos plantexados non deriva máis que en falta de respecto e escaso aproveitamento educativo. Penso que nos nosos centros o profesorado soubo crear un bo ambiente de aula, como lugares cunhas condicións aceptables para que se dera a aprendizaxe, pero carecemos de ambiente de centro: aquilo que, ó saíres da nosa aula, nos una na defensa e desenvolvemento dun proxecto educativo común que, consensuado por todos, dea resposta axeitada ás necesidades de formación integral dos nosos alumnos/as. Cando nunha tarefa tan difícil como a de educar somos quen de prescindir, ignorar e incluso desprezar ós que, na lexítima defensa das súas conviccións educativas, non pensan coma nós e discrepan dende unha actitude de mellora, cando as nosas razóns toman forza case exclusivamente do apoio interesado, é moi difícil poñer en práctica ese proxecto común e menos aínda avalialo e reconducilo.
¿Culpables?. Todos. Dí. Os pais delegan e os fillos non os teñen como exemplo; a administración parece estar máis preocupada en parchear que en deseñar e apoiar actuacións coherentes e racionais en función das necesidades dos centros e do seu grao de axuste, innovación e cumprimento da normativa educativa.
Vivimos nunha permanente temporalidade improvisada na que é moi difícil saber a que atermos para deseñar intervencións coherentes que dean resposta ás necesidades de formación. Ó panorama educativo fáltalle un proxecto estable de futuro, un referente consensuado no que as aportacións individuais atopen xustificación e apoio para dar resposta á diversidade educativa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario