7 de enero de 2011

Emisión de Radio 5: As novas tecnoloxías nas aulas.



Opinións de expertos sobre o uso das Tic nas aulas, reclamando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada nas Tics e que potencien a reflexión e o descubrimento, máis alá da simple repetición da información.

28 de diciembre de 2010

Crea contido dixital sobre un tema


Storify permítenos crea presentacións sobre un tema determinado buscando nos medios de comunicación social: Twitter, Google, Facebook, Flickr, YouTube, Blogs, Webs..., que logo podemos inserir no noso blog ou web.
Aquí tendes un exemplo sobre as posibilidades e valores dos blogs.


Visto en: Educación tecnológica

27 de diciembre de 2010

Prácticas dixitais na atención á Diversidade


Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011
Prácticas dixitais na atención á diversidade

Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II CongresoTADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense.

Notas de interese

Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada na web do congreso que está no enderezo: www.encontros.tadega.net

Aberto o prazo de inscrición

Agardámosvos!

Aínda non moi convencido ou convencida? Velaquí tes os contidos:

Sistemas de Comunicación Alternativa e Aumentativa:

  1. DIVERTIC e TADEGa: Picaa, Aumentativa, Comunicación total…
  2. CATEDU: O portal Arasaac.
  3. Comunicador Persoal Adaptable (CPA).

Máis aló das aulas:

  1. Blogs e comunicacións accesibles para usuarios noveis.
  2. Rexistro Fonolóxico en logopedia Refocas-Refogal.
  3. Atención á Diversidade e dispositivos móbiles.
  4. Contos fáciles para situacións difíciles.

Alfombra de baile e outros trebellos dixitais.

Comunicación dixital I:

  1. Adaptacións para a discapacidade visual.
  2. Actividades con LIM na aula.
  3. Proxectos TIC e Diversidade da Fundación Orange.

Comunicación dixital II:

  1. Comunicador Persoal Adaptable (CPA).
  2. Proxecto Abalar e a Atención á Diversidade.
  3. Ponte nas Ondas (Radio Pontevedra, Ourense e Portugal).

Dispositivos e adaptacións para a diversidade:

  1. DancePad, Rfid e outros trebellos dixitais.
  2. Proxecto IN-TIC.
  3. Tecnoloxías para persoas con diversidade funcional.

Proxección do documental “María y yo”.