16 de septiembre de 2013

Xogos de lóxica e habilidade

Novo sitio web en español, unha páxina na que poderemos acceder a distintos xogos de lóxica e habilidade así como resolver problemas ou ilusións.
Na sección "Xogos" poderemos visitar unha boa galería de xogos e adiviñanzas, tanto situacións que teremos que resolver coma textos-adiviñas nos que teremos que introducir a resposta. En "Ilusións" podemos acceder a unha boa galería de sorprendentes trucos que enganarán nosa vista, en "Problemas" teremos que resolver certas situacións que implicarán que teñamos que facer algúns cálculos e, en caso de que nos encallemos en calquera das adiviñanzas expostas, poderemos consultar a solución en "Blog" ou facer clic no botón "Pista" que nos aparece en moitas das entradas.

23 de julio de 2013

Pecados e penitencias da educación tradicional

Cinco mitos da educación tradicional que foron derrubados pola investigación educativa actual, pero que se resisten a abandonar a práctica educativa. Conektio: educación, coaching, redes

21 de julio de 2013

Hetah: transcriptor e tradutor a Braille e lingua de signos

Hetah é unha web que nos permite unha vez introducido un texto mediante o teclado a súa tradución a braille ou á linguaxe de signos, para iso conta cun personaxe chamado Iris que de forma animada mostra os distintos signos para o texto que desexemos.


8 de julio de 2013

Sharefest: envio directo de arquivos

Sharefest permite o envío directo de arquivos, sin pasar por servidores intermedios e sen necesidade de instalar aplicacións ou extensións.
Visto en: wwwhats´new