Recursos educativos
https://actividadesyrecursos.jimdofree.com/ Recursos, actividades, aplicaciones, juegos, software educativo...

30 de diciembre de 2011
27 de diciembre de 2011
26 de diciembre de 2011
24 de diciembre de 2011
13 de diciembre de 2011
5 de diciembre de 2011
10 de noviembre de 2011
29 de septiembre de 2011
30 de agosto de 2011
25 de agosto de 2011
14 de julio de 2011
8 de julio de 2011
29 de junio de 2011
22 de junio de 2011
17 de junio de 2011
2 de junio de 2011
24 de mayo de 2011
2 de abril de 2011
Unha aposta pola innovación educativa
Os continuos cambios sociais, económicos e tecnolóxicos da nosa sociedade, demandan dos sistemas educativos, transformacións e innovacións capaces de dar respostas de calidade ás necesidades formativas do alumnado que garantan o éxito escolar e o seu desenvolvemento persoal e profesional nunha sociedade cada vez máis caracterizada polas redes de comunicación e a información multimedia.
Co obxectivo da integración plena das TIC na práctica educativa, a Consellería de Educación da Xunta de Galicia pon en marcha o “Proxecto Abalar”, concreción na nosa Comunidade do Proxecto “Escuela 2.0” a nivel estatal, baseado nun modelo de política educativa 1 a 1 (un ordenador por alumno), na formación do profesorado para un uso pedagóxico das novas tecnoloxías e na innovación das prácticas de ensinanza utilizando os recursos e os contidos dixitais. Este modelo de Escola 2.0 é coincidente con outras políticas educativas iberoamericanas, como o “Paraguay educa”, o Plan Magalhaes de Portugal, “Una laptrop por niño de Perú, ou “Enlaces” en Chile, que buscan a equidade social, romper co tradicional illamento da escola e innovar os métodos de ensinanza e aprendizaxe para preparar á futura cidadanía do século XXI.
No presente curso escolar, e nunha primeira fase experimental, 200 Centros da nosa Comunidade Autónoma, correspondentes os niveis de 5º de Educación Primaria e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria, equipáronse con conexión a internet, un netbook por alumno/a, un proxector dixital e unha pizarra interactiva. Asemade púxose en marcha o Espazo Abalar, con repositorios de contidos educativos e servizos para o profesorado titor e as familias, establecendo canles de comunicación que faciliten a necesaria colaboración entre eles.
A importancia das Tic en tódolos ámbitos sociais, e no escolar en particular, é evidente. Fomentar o seu uso na aula é necesario para adaptar o sistema educativo ás esixencias dunha sociedade cambiante. Pero a simple dotación de medios tecnolóxicos non é suficiente para acadar unha educación cualitativamente diferente: unha vez informatizada a escola procede agora escolarizar a informática. A progresiva implantación das novas tecnoloxías nas aulas leva consigo unha redefinición da función docente e do proceso de ensinar e aprender; cambios avaliativos e metodolóxicos que nos permitan acadar un proceso de aprendizaxe máis autónomo, personalizado e colaborativo, así como unha ensinanza baseada nun currículo por competencias, flexible e interdisciplinario, na que o profesor, nun proceso de formación permanente máis actitudinal que tecnolóxico, guíe ao alumnado na selección e transformación da información en coñecemento, ademais dunha reorganización do Centro e dos seus recursos, da dinámica da aula e da comunicación e relación coas familias do alumnado.
Educamos para un tempo futuro que case non podemos imaxinar. Si a escola prepara para a vida, gran parte dela está na rede. O cambio é necesario, pero ordeado e planificado. Abalar é un proxecto a longo prazo, irreversible (o vindeiro curso amplíase a 2º de E.S.O), necesitado de apoios, medios e infraestruturas pero tamén de compromiso e confianza para acadar unha escola de progreso e mellora social, que innove metodolóxica e tecnolóxicamente, sen agudizar a desigualdade social, para aumentar as oportunidades de acceso á aprendizaxe, á información e á cultura dun alumnado que precisa ser competente e desenvolverse con naturalidade nun mundo dixital.
12 de marzo de 2011
3 de marzo de 2011
19 de febrero de 2011
10 de febrero de 2011
23 de enero de 2011
Informe OCDE sobre o uso da tecnoloxía e o rendemento educativo, segundo PISA
"La brecha digital en educación va más allá del acceso a la tecnología. Se identifica una segunda nueva forma de brecha digital: la existente entre quienes tienen las competencias adecuadas para beneficiarse del uso del ordenador y quienes no las tienen. Estas competencias y habilidades están estrechamente vinculadas con la situación social, cultural y económica del estudiante."
El Camarote16 de enero de 2011
Novas técnicas contra o fracaso escolar
No blog de Pere Marqués recóllense interesantes conclusións das XVII Xornadas DIM 2/2 sobre o Fracaso escolar.
12 de enero de 2011
Habilidades tecnolóxicas
Celestino Arteta recolle no seu blog "Educación tecnológica" unha lista de reproducción sobre Habilidades dixitais básicas, de Denis Roca Salvatella, imprescindibles, segundo o autor, para defendernos neste mundo tecnolóxico e poder transformar a información en coñecemento útil.
7 de enero de 2011
Emisión de Radio 5: As novas tecnoloxías nas aulas.
Opinións de expertos sobre o uso das Tic nas aulas, reclamando unha metodoloxía de aprendizaxe baseada nas Tics e que potencien a reflexión e o descubrimento, máis alá da simple repetición da información.
4 de enero de 2011
Suscribirse a:
Entradas (Atom)