Recursos educativos

https://actividadesyrecursos.jimdofree.com/  Recursos, actividades, aplicaciones, juegos, software educativo...

12 de junio de 2010

Abalar: teoría e práctica do uso das Tic.


Con frecuencia pregúntome cales son as razóns polas que boa parte do alumnado da ensinanza obrigatoria mostra desinterese, apatía ou aversión por todo o que significa traballo escolar, formación ou cultura, chegando, en ocasións, a situacións de abandono sen ter acadada a mínima titulación correspondente. Tampouco observo moito interese e compromiso entre os que promocionan e non engrosan as estatísticas de fracaso, limitándose a cumprir un trámite imposto que parece non estimulalos nin satisfacer ningunha expectativa vital, sendo presa fácil de ofertas ou alternativas non ligadas ao estudio ou á formación futuras.
Os constantes cambio sociais, económicos e tecnolóxicos da nosa sociedade, demandan do actual sistema educativo, transformacións e innovacións capaces de dar respostas de calidade ás necesidades formativas do alumnado que garantan o éxito escolar e o seu desenvolvemento persoal e profesional.
ABALAR é a adaptación ao sistema educativo galego do Proxecto “Escuela 2.0”, impulsado polo Ministerio de Educación en toda España. Con el preténdese impulsar un cambio de modelo educativo, baseado na integración plena das TIC na práctica educativa galega, que facilite o desenvolvemento de novos modelos pedagóxicos baseados na aprendizaxe interactiva e no espírito colaborativo e participativo dos docentes, para acadar estratexias de ensino-aprendizaxe innovadoras, capaces de dar respostas as necesidades de formación e elevar o nivel de competencia do noso alumnado .
Estes proxectos de cambio e innovación tecnolóxica suscitan sempre moitas dúbidas e preguntas, sobre todo agora que estamos ás portas da súa posta en marcha na nosa Comunidade no vindeiro ano académico en 5º de Primaria e 1º de ESO: hai sustento pedagóxico e formación suficiente para elo?, garántese a accesibilidade aos contidos dixitais a tódolos alumnos?, redúcese ou amplíase a fenda dixital e a desigualdade de oportunidades?...
A complexidade da infraestrutura e organización necesarias para desenvolvelo con éxito, non debería ser un obstáculo insalvable para avanzar na oferta de novas metodoloxías, nos cambios na relación entre profesores e entre profesores e alumnos, baseados no traballo autónomo e colaborativo, e en novos enfoques avaliativos e de tratamento da diversidade que nos permitan incorporar innovacións que se convirtan en elementos dinamizadores e de mellora do proceso de ensino e aprendizaxe.
Despois da informatizar a escola, cumpre escolarizar a informática. Si a Administración “cumple” coa dotación de medios tecnolóxicos e formativos, corresponde agora ao conxunto da comunidade educativa, e aos equipos directivos en especial, unha actitude positiva e un compromiso claro para integralos nas aulas, valorando e compartindo entre todos o que xa se está a facer, creando equipos de coordinación para o uso pedagóxico das novas tecnoloxías e o desenvolvemento de contidos propios, e sobre todo, desenvolvendo un proxecto democrático de xestión e participación conxunta, que garanta a igualdade de oportunidades, a atención ás necesidades de toda a diversidade e unha formación continua de calidade, necesaria para a integración do alumnado na sociedade do coñecemento.
As posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías son moitas. As novas dotacións permitiránnos elaborar materiais educativos propios en espazos web interactivos, con recursos e actividades específicas para cada alumno, que poden ser deseñados e editados polo conxunto do profesorado para personalizar e axustar os contidos aos diferentes ritmos de aprendizaxe, elaborando conxuntamente actividades e recursos (webs, wikis, blogs, redes educativas, programas de autor...) que nos permitan practicar novos sistemas de comunicación na aula baseados na interactividade co alumnado. Precisamos empezar para aprender, compartir experiencias, poñer en valor o noso traballo, coordinalo e ofertalo ao alumnado nas melloras condicións para acadar, entre todos, un proceso de ensinanza e aprendizaxe capaz de dar resposta ás necesidades de formación que os novos tempos demandan. Abanemos, pois.

Con esta reflexión quero sumarme ás demandas do profesorado especialista en pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe para que o Proxecto Abalar inclúa tamén materiais e programas adaptados ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario