Na bitácora dos compañeiros de Tadega atopei este video que me parece de interese para cando, como eles dín, as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais.
Velaiquí a historia. Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama "Ironman" (home de aceiro) que consiste en:
Velaiquí a historia. Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama "Ironman" (home de aceiro) que consiste en:
- Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
- Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
- Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba).
Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase "Can" (podo). Ti, tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario